Mostrando entradas con la etiqueta prácticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prácticas. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de noviembre de 2011

Práctica 04. Traballo sobre os videoxogos

 Os videoxogos, representan agora mesmo a industria do ocio mais importante.

Na miña opinión, o uso dos vidoxogos, é positivo, porque podes pasar o tempo e divertirte. Agora, coas novas tecnoloxías podes xogar cos teus amigos por internet, desde o ordenador, ou tamén se pode conectar diferentes consolas entre si, como por exempo dende a xbox 360, podes entrar no xbox live e conectarte con outras persoas.
 Pero tamen hai cousas negativas, como algunhas que vimos no documental, por exemplo algunhas persoas, hipotecan as suas casas e non lle dedican o tempo necesario aos seus fillos.

O meu primeiro videoxogo foi unha maquiniña que tiña o meu avó. O único para o que servía era xogar ao tetris. Máis tarde apareceu na miña vida a Game Boy, co xogo do Super Mario Bros, ao que estaría enganchada ata que mo pasei de todo...
 Agora, xogo no ordenador aos Sims e aos Simpsons; na Nintendo DS ao Super Mario e aos Sims e tamen aos xogos do Facebook, como os Sims, ou o Pet Society.

 Os xogos, eu creo que teñen que "obligarche" a facer cousas, como por exemplo, coidar unha mascota, o teu personaxe virtual, unha granxa... Para así engancharte e que pases mais tempo nel facendo algo.

 Na sociedade actual, os videoxogos son outro mundo paralelo, onde podes ser unha persoa totalmente diferente, onde poidas descargar adrenalina e no que pasar un momento divertido cos tes amigos ou en solitario.