Os videoxogos, representan agora mesmo a industria do ocio mais importante.
Na miña opinión, o uso dos vidoxogos, é positivo, porque podes pasar o tempo e divertirte. Agora, coas novas tecnoloxías podes xogar cos teus amigos por internet, desde o ordenador, ou tamén se pode conectar diferentes consolas entre si, como por exempo dende a xbox 360, podes entrar no xbox live e conectarte con outras persoas.
Pero tamen hai cousas negativas, como algunhas que vimos no documental, por exemplo algunhas persoas, hipotecan as suas casas e non lle dedican o tempo necesario aos seus fillos.
O meu primeiro videoxogo foi unha maquiniña que tiña o meu avó. O único para o que servía era xogar ao tetris. Máis tarde apareceu na miña vida a Game Boy, co xogo do Super Mario Bros, ao que estaría enganchada ata que mo pasei de todo...
Agora, xogo no ordenador aos Sims e aos Simpsons; na Nintendo DS ao Super Mario e aos Sims e tamen aos xogos do Facebook, como os Sims, ou o Pet Society.
Os xogos, eu creo que teñen que "obligarche" a facer cousas, como por exemplo, coidar unha mascota, o teu personaxe virtual, unha granxa... Para así engancharte e que pases mais tempo nel facendo algo.
Na sociedade actual, os videoxogos son outro mundo paralelo, onde podes ser unha persoa totalmente diferente, onde poidas descargar adrenalina e no que pasar un momento divertido cos tes amigos ou en solitario.
Ola.
ResponderEliminarO teu traballo é moi pouco exhaustivo, baseado en opinións aleatorias e sen argumentos desenvolvidos, só pos a túa opinión, pero non a defendes. Tampouco explicas as virtudes e defectos dos xogos que mencionas.
Saudos.